Historia

Transportes e Servicios Barros é unha pequena empresa familiar que nace en Ventosela, Redondela, alá polo ano 1985.

Os primeiros servicios que prestamos eran única e exclusivamente transportes en carroceta todoterreno de materiais de construcción e asistencias en desterros, desescombros, etc.

Nacemos como consecuencia das necesidades de Construccións Barros, outra pequena empresa da familia Barros con sede en Ventosela e Reboreda.

5 anos despois, outro membro da familia, vendo a demanda de transportes con este tipo de vehículos, decide comprar un novo modelo IPV, algo máis grande que o anterior (ambos na foto de portada deste sitio) e dotado dunha grúa coa que poder ofrecer un servicio máis completo.

Pouco máis tarde, vendo o éxito desta segunda carroceta con grúa, ambos socios decidimos ampliar a flota e compramos un novo modelo.

No ano 2000 decidimos ir máis alá ampliando a flota a un tipo de camión convencional de maiores dimensións, un MAN 19-414 de 3 eixos que nos permite cubrir un servicio de maior alcance.

Pouco a pouco imos ampliando carteira de clientes, van surxindo novas oportunidades e decidimos probar sorte añadindo un trailer á flota que hoxe fai traballos principalmente de transporte de pedra e madeira. A pedra surxe como una necesidade para nós mesmos, polos traballos de mampostería ós que nos dedicamos, e a madeira é un servicio que prestamos baixo demanda a diferentes proveedores e clientes.

Hoxe tempos unha flota de varias carrocetas, un camión de gran tonelaxe e un trailer articulado (todos eles con servicio de grúa incluido).